CASTELO DE SOBROSO

"É o castelo de guerra, o torreón de defensa que domina a comarca e outea desde as súas xanelas…”

Unha historia, un castelo, unha experiencia para o recordo.

Un castelo de personaxes, segredos e lendas que ten moito que contar. Un castelo que escribe unha nova páxina da súa historia e da que podes ser parte.

Situado no lugar de Vilasobroso, municipio de Mondariz, o Castelo de Sobroso eríxese sobre un promontorio rochoso granítico das elevacións de Monte Landín, a 334 metros sobre o nivel do mar.

A paisaxe que o rodea destaca pola súa gran riqueza patrimonial. O sueste da provincia de Pontevedra ofrece magníficas opcións para gozar da gastronomía, a historia, as tradicións e a natureza. Por iso, é un destino idóneo en calquera época do ano.

Pobos con encanto, rutas e monumentos configuran a personalidade do xeodestino O Condado-Paradanta.

VISITA O CASTELO

Un dos principais obxectivos da nova musealización é poñer en valor o Castelo, a súa historia e a súa contorna.

Con este proxecto, a Deputación de Pontevedra pretende crear un museo pouco invasivo, que manteña os espazos case inalterados, pero dotados dunha gran carga sensitiva. A filosofía tras o deseño consegue unha experiencia multisensorial a través de elementos audiovisuais que se sobrepoñen á arquitectura de maneira efémera, transformando os espazos mediante imaxes, iluminación e son.

MUSEO

O que falan de nós