Sendas

O contido interpretativo da senda é sumamente interesante, introdúcenos no apaixonante mundo da natureza de forma rigorosa, accesible e amena. Estruturouse en sete puntos onde, ao deternos, descubrimos outras tantas plantas singulares e a actividade creada na súa contorna. O percorrido permítenos apreciar o fantástico contraste entre a dureza da pedra, resistente e inmóbil durante séculos, e a trasfega e fraxilidade da vida que rodea o castelo e as súas murallas.

Un mundo baixo os nosos pes

Liques, unha asociación simbiótica

Realmente sentimos que en Sobroso coexisten dous museos con sete salas cada un: o primeiro constitúeo a fortaleza medieval que conserva a súa impoñente imaxe, no que imos convivir cos seus antigos e máis recentes moradores. O segundo, o exterior que, conformado ao seu redor, crea un museo vivo e cambiante canto máis tempo parémonos a contemplar os pequenos detalles e que nos achegará unha experiencia diferente cada vez que o visitemos.

  1. Un mundo baixo os nosos pes

  2. Liques, unha asociación simbiótica

  3. Carballo

  4. Árbore de alcanfor

  5. Froiteiras, a reprodución das plantas

  6. Sobreira, adaptada ao lume

  7. Acivro, un ecosistema en miniatura

Carballo

Acivro, un ecosistema en miniatura