FUNCIONAMENTO DA VISITA

A duración da visita é de 50 minutos. Formularase en grupos dun máximo de 15 persoas, sempre acompañadas dun/dunha guía que activará os recursos audiovisuais que se atopan nos distintos espazos do Castelo cun percorrido e orde determinado.


NORMAS PARA A VISITA

Recoméndase adquirir con antelación a entrada en liña

No despacho de billetes do castelo só se acepta tarxeta como medio de pago

Atende ás indicacións do persoal do Museo antes da visita

Lembra ser puntual, xa que a visita comezará sempre á hora programada

Para calquera dúbida ou aclaración, contactar co Centro de Atención ao Visitante.

 


Ordenanza de regulamento

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/12/28/2021066318

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación de servizos no Castelo de Sobroso

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/11/23/2021058522