Como chegar

Xeograficamente localizado no termo municipal do concello de Mondariz, o castelo de Sobroso está perfectamente comunicado, pois aos seus pés transcorre a estrada que une Vigo e Ourense pasando por Porriño e Ponteareas (N-120).

Existe un pequeno aparcadoiro a escasos 50 metros do castelo para coches e un acceso sinalizado para os autocares.